19/4/14

Xosé Cobas no CEIP Portofaro


Dentro das actividades do proxecto "Arte na Escola" o ilustrador e deseñador gráfico Xosé Cobas compartiu unas horas co alumnado de sexto curso e coas súas titoras. Previamente Xosé Cobas estivo estudando os traballos realizados polos rapaces e rapazas que tiñan por obxectivo ilustrar o libro Paxaro de mar e vento parágrafo a parágrafo. O álbum está escrito por Tucho Calvo e  ilustrado por Xosé Cobas.


Despois de visitar, estudar e analizar o traballo do alumnado, o noso ilustrador compartiu o seu tempo cos rapaces e rapazas para explicarlles o proceso creativo das ilustracións que compoñen o álbum. Posteriormente foi sometido a unha longa sesión de preguntas ás que puxo remate o timbre de remate das actividades lectivas.

14/4/14

Xosé Cobas co alumado do IES Afonso X


O pasado día de abril, o ilustrador e deseñador gráfico Xosé Cobas compartiu unha tarde co alumnado do IES Afonso X O Sabio para explicarlles como se enfronta ao seu traballo de ilustrar os textos que lle solicitan.

Mentres falaba das diversas técnicas que emprega ,foi elaborando unha fermosa historia que ilustrou con catro  obras.


Como sorpresa final, sorteou unha das obras realizadas entre o alumnado participante.

Á semana seguinte, regresou ao IES para falar do seu traballo como deseñador gráfico. Que luxo.

12/4/14

Inauguración da exposición IllustrActiva de Xosé Cobas


O pasado día… puxemos en marcha o proxecto “Arte na Escola” coa inauguración da exposición IllustrActiva de Xosé Cobas no IES.

Ao acto asistiron autoridades municipais, educativas e xentes do eido da literatura infantil e xuvenil ademais de, por suposto, alumnos e alumnas do IES así como docentes participantes no proxecto, tanto do instituto como dos CEIP Graxal e Portofaro.

Tras unas verbas de salutación e benvida, tomou a palabra a concelleira de Educación, o director do IES e, finalmente, Xosé Cobas quen tivo a ben facer un percorrido explicativo pola súa obra.

Despis dunha breve e fermosa peza musical, fixemos un percorrido polos traballos do alumnado que tiñan como eixe central o tema do mar, proposto por Xosé Cobas.


Rematamos compartindo uns minutos ao redor duns pinchos.

10/4/14

Xosé Cobas: obra ilustrada

Como unha forma de saber algo máis a obra de Xosé Cobas, elaboramos a seguinte presentación para coñecer algúns dos máis de cen libros ilustrados por este artista.

8/4/14

IllustrActiva: a montaxe


Unhas horas antes da inauguración de IllustrActiva, Xosé Cobas estivo montando a exposición. 


Sobre un deseño espacial en semicírculo, dispuxo un percorrido visual sobre a obras expostas. Comézase sobre uns óleos con claras alusións á súa infancia, e á guerra de Iugoslavia, para logo continuar coas referencias á historia da arte (Andrew Wyeth e a súa obra “O mundo de Cristina) e orixinais de obra xa publicada: Galego de Juan Farias, Un rato díxolle á lúa, Petando nas portas de Dylan e As palabras están a mirarse arredor da mesa de Antonio García Teijeiro. Tamén había unha representación da nova tradución de Memorias dun campesiño labrego editada por Kalandraka. E, como non, varias ilustracións de A pantasma da Casa da Mantanza de Miro Villar que foi premiado como o mellor libro galego ilustrado de literatura xuvenil de 2013. 

 Remata a exposición con catro orixinais da obra Paxaro de mar e vento de Tucho Calvo. Esta obra serviu como base para o traballo do alumnado das escolas de Primaria: CEIP Portofaro e O Graxal.