30/5/14

Manolo Paz: visita á súa Fundación

Despois duns días moi intensos (montaxe dunha exposición, inauguración, compartir moitas horas nos centros educativos de Cambre) e como remate do proxecto "Obxectos da Terra" dentro do Programa "Arte na Escola", visitamos a Fundación Manolo Paz en Cambados. Un espazo espectacular, cheo de arte e de tranquilidade onde a presenza de Manolo e Xulia invade de agarimo o estado de ánimo do visitante. Moitas grazas, benqueridos.

27/5/14

Manolo Paz: "Obxectos da Terra"

Despois de dous meses de preparación, moitas voltas sobre o espazo da exposición, finalmente entre os días 26 e 30 de maio, no recibidor do IES Afonso X O Sabio, tivemos a honra de expoñer catro pezas de Manolo Paz enmarcadas por tres grandes fotografías dalgunhas das súas obras máis senlleiras.







26/5/14

Inauguración de "Obxectos da Terra" de Manolo Paz

O pasado 26 de Maio inaugurouse oficialmente a exposición “Obxectos da terra” de Manolo Paz, con asistencia de representantes do Concello, profesorado e alumnado participante no Proxecto “ Arte na Escola” e amantes da arte.

A exposición constaba de varias zonas diferenciadas, no recibidor de IES Afonso X podíase apreciar unha instalación ideada polo artista especialmente para este espazo, constaba de catro pezas de granito negro de Campolameiro con peana de madeira, de tamaño relativamente pequeno: Tres das pezas eran da serie “Contenido”, e a cuarta era “Campo de arroz”. As catro pezas ocupaban o espazo central , rodeadas por 3 grandes lonas con imaxes de varias das máis representativas obras do autor: “Familia de Menhires” , “Penúltima cea” , e “Cordas de batea” . O conxunto invitaba a mergullarse nos mundos de Manolo Paz para gozar e profundar no coñecemento da súa obra.

Polos corredores da planta baixa o alumnado do instituto dispuxo infinitas variacións dunha das pezas máis xeométricas do autor: “Colmena” ou a de “Formas no aire”. Os aprendices de escultores desenrolaron toda a súa imaxinación investigando cas tres dimensións, os materiais que ían desde o cartón, ata a espuma de poliuretano expandido, ou o pan de molde, a madeira, a goma- Eva, etc. Os traballos máis etéreos ou lixeiros penduraban do teito da cafetería. Tamén na cafetería puido verse uns poemas inspirados nas formas xeométricas dun poeta da Bretaña francesa. O alumnado de 1º Bacharelato debuxou as formas xeométricas, e fixo a tradución do francés ó galego.

Por outra banda na pantalla do recibidor proxectouse o vídeo “Un mar de pedra” que exhibe o traballo diario dende a canteira ata a sala de exposicións da galería de arte, dirixido por Manu Paz e Xacobo Sanmartín.

Na biblioteca do instituto se podía estudar as distintas variedades de granitos que un grupo de alumnos de 4º de ESO preparou na materia de Bioloxía e Xeoloxía, tamén había unha exposición de catálogos e documentos sobre a obra de Manolo Paz.

Tras os discursos institucionais, dúas alumnas cantaron unha emocionante canción galega en honor do protagonista da velada, que respondeu con agradecementos e comentando tanto a súa obra exposta, como as súas impresións sobre os traballos dos nenos.

O acto finalizou ca degustación dun aperitivo e a visita por libre polos diferentes espazos por parte dos invitados.

25/5/14

Manolo Paz: Inauguración


Traballando o mar

OO alumnado de 4º PDC (1) fixo a súa aportación á exposición adicada ao ilustrador Xosé Cobas, levando a cabo as seguintes actividades insertas nunha Unidade Didáctica que desenvolvimos na aula:

Partiron da lectura de fragmentos da novela A illa de todas as illas de Xabier DoCampo, ilustrada por Xosé Cobas, e indagaron nos referentes e fontes literarias do autor. Recoñeceron o concepto de intertextualidade.

Analizaron e comentaron as ilustracións do artista.  Un novo palabro: a interdiscursividade!!!

Chegou a hora de compoñer textos e optaron por crear breves textos poéticos: metáforas, caligramas, greguerías… inspirados en elementos mariños. Expuxeron o produto deste proceso creativo dun xeito “diferente”.



Buscaron, leron e seleccionaron poemas relacionados co mar (centraron a súa selección en poetas da Generación do 27 e en Juan Ramón Jiménez, autores cos que estabamos a traballar na clase).

Presentaron de maneira creativa a antoloxía poética: cada poema imprimiuse en papel decorado con fondo de imaxes mariñas e introducíronos nunhas botellas. Dispuxeron, logo, as botellas coas menaxes poéticas sobre un leito de area de mar.


Manolo Paz escultor

Neste mes de maio estivemos a traballar a obra de Manolo Paz. Velaquí a presentación elaborada para dar a coñecer a súa obra ao alumando: